mércores, 27 de setembro de 2017

Compañia de teatro  Artellar  da Asociación Ambar


O pasado martes, día decenove , fomos ver a obra de Teatro "O fillo que eu quero",na  Pobra do Caramiñal.
Témoslle que dar as gracias a Asociación A Creba que nos invitaron.

Todos nos partimos da risa e pasámolo moi ben.
Ao salir do teatro fomos a tomar algo todos xuntos.

Gracias a Creba e a Ambar!!!!

luns, 11 de setembro de 2017

O xoves 7 de setembro fumos de campamento ao camping Cabeiro. Cando chegamos un grupo montou as tendas, outro grupo durmeu en bungalows. Pola tarde fumos a praia a tomar o sol e a bañarnos.
Pola noite ceamos no camping e despois fumos as festas de Porto do Son. Había moita xente, chiringuitos e cochitos. Tocaba a orquesta New York , bailamos moito e pasámolo moi ben.

Ao dia seguinte quedamos no camping xogando ao fútbol e a xogos de mesa e outro grupo foi dar un paseo pola praia. Despois de comer recollemos maletas e fumos para a casa. 

Esperamos volver xa que o pasamos moi ben!