luns, 24 de xullo de 2017

FEIRA MEDIEVAL DE NOIA

O venres 15 deste mes celebramos a feira medieval en Noia. Estivemos toda a semana preparando as nosas coroas, os disfraces e decorando o centro.



Pola mañá decoramos a entrada do centro e logo, pola tarde, vestimos os nosos traxes e fomos para a feira. 



Todo o mundo estaba vestido de época. As rúas tamén estaban decoradas con castelos, palla e moitos escudos e bandeiras. Ademais había moitos postos con comida, bonecos, coiro, instrumentos, e música pola rúa.
¡Pasámolo xenial e esperamos volver para o ano que ven!








Ningún comentario:

Publicar un comentario