venres, 12 de maio de 2017

PLANTA DE RECICLAXE


O  venres dia 5 de Maio fomos a Lousame á pranta de reciclaxe.
Unha vez alí recibiunos Marta, unha empregada que moi amablemente nos explicou o que fan alí e  cómo separar o lixo.

Puidemos ver cómo chegan alí os camións do lixo, os cales deixan  o que recolleron para que posteriormente, os traballadores e traballadoras da planta, seleccionen e reciclen.
Ao final da visita Marta ensinounos cómo preparan o abono cos restos orgánicos que chegan a planta.


Con esta visita aprendemos a que é necesario reciclar o lixo nas nosas casas e coidar o noso entorno.





Ningún comentario:

Publicar un comentario