mércores, 24 de maio de 2017

CEA BENEFICA "MISELA"

O venres  día 2  de xuño celebraremos a nosa cea Benéfica a favor da Asociación Misela  no Restaurante O Trapeiro as 21.30 h.
Esperamos a vosa colaboración!!!!!!!!
Haberá baile ata que o corpo aguante....
Grazasssss !!!!!!!!!

venres, 12 de maio de 2017

¡CINE NAS CANCELAS!


 O pasado mércores, os amigos de Misela fomos ao Centro Comercial As Cancelas. Collemos o autobús pola mañá e diriximonos a Santiago. Ao chegar fixemos algunhas compras e logo, despois de comer, fomos ao cine.

Xa que non nos puxemos dacordo nas películas, un grupo foi ver "El bebé jefazo" e outro "Un italiano en Noruega".




Ambas películas estiveron xenial. ¡Esperamos volver a repetir e non tardar en ir de novo ao cine!.


PLANTA DE RECICLAXE


O  venres dia 5 de Maio fomos a Lousame á pranta de reciclaxe.
Unha vez alí recibiunos Marta, unha empregada que moi amablemente nos explicou o que fan alí e  cómo separar o lixo.

Puidemos ver cómo chegan alí os camións do lixo, os cales deixan  o que recolleron para que posteriormente, os traballadores e traballadoras da planta, seleccionen e reciclen.
Ao final da visita Marta ensinounos cómo preparan o abono cos restos orgánicos que chegan a planta.


Con esta visita aprendemos a que é necesario reciclar o lixo nas nosas casas e coidar o noso entorno.





xoves, 11 de maio de 2017

LUAR


O pasado venres fomos ao programa de televisión Luar,
Pasámolo xenial e tivemos a portunidade de coñecer a Gayoso en persoa!!!!




Durante o programa puidemos ver a actuación de Tamara e dalgunha orquesta, ¡ Fartámonos de bailar!
Tamén nos acompañaron algunhas nais, que disfrutaron connosco desta noite.