venres, 11 de novembro de 2016

PIRÁMIDE DE ALIMENTACIÓN

O xoves pola tarde fixemos un taller de alimentación. Primeiro clasificamos os produtos en diferentes categorías: froitas, grasas, doce, verduras, pescado, carne... Logo puxemos os productos nunha pirámide. Os alimentos máis importantes son os que están abaixo de todo da pirámide e os menos necesarios están máis arriba. Os cereais, a froita e a auga debemos tomalos en todas as comidas. Polo contrario, as grasas e os doces so se poden comer moi ocasionalmente, por exemplo os fins de semana. ¡Aquí tendes a nosa pirámide!


luns, 7 de novembro de 2016

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Hoxe fomos celebrar o magosto A Toxeira, unha casa que está no medio dunha fraga. Pola mañá, dividímonos en tres grupos: O primeiro grupo encargouse de picar as castañas, o segundo fixo o lume para asalas e o terceiro grupo cociñou un postre de castañas. Cando todos terminamos de traballar comemos as castañas. ¡Estaban boísimas!
Pola tarde, despois de comer xogamos coa wii a bailar, aos bolos e ao boxeo. ¡Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!





venres, 4 de novembro de 2016

RECOLLIDA DE CASTAÑAS

O xoves fomos a recoller castañas a unha horta. Había   moitísimas e eran moi  grandes.  Apañámolas e botámolas en caldeiros e en bolsas.   
No medio das castañas atopamos setas pero non as puidemos tocar porque eran moi velenosas. 
¡O luns celebraremos o magosto e cociñaremos as castañas!