venres, 28 de outubro de 2016


A PROBA DO BISCOITO

Hoxe no descanso  probamos o biscoito que fixemos onte no taller de cociña.  Estaba riquísimo e  gustounos moito  a todos os compañeiros.  Estaba moi ben feito e esponxoso. ¡Aquí tendes unha foto!




"UN MONSTRUO VIENE A VERME"

O  luns  collemos o autobús e fomos a Santiago, ao centro comercial As Cancelas. Pasamos alí todo o día. Pola mañá fomos de tendas.
e ao mediodía comemos uns bocatas nas escaleiras das Cancelas.  Por la tarde fomos ao cine a ver "Un monstruo viene a verme". A película contaba a historia dun neno que recibía a visita dun monstro ás 12:07 da noite. A nós gustounos moito, aínda que algúns nos quedamos un pouco durmidos.
Ao terminar a película fomos camiñando para a estación de autobús para volver de volta.


xoves, 27 de outubro de 2016

BISCOITO DE CABAZA

Hoxe fixemos un biscoito de cabaza  no taller de cociña.
Primeiro  limpamos a  cabaza e relámola.  Logo collemos 5 ovos, batímolos e botámoslle azucre, unha migalla de sal, fariña, aceite, un chisco de canela e a cabaza relada. Por último metémolo ao forno nun molde da forma dunha cabaza. ¡Agora a esperar unha hora! Mañá contarémosvos o resultado. 




martes, 18 de outubro de 2016

I ENCONTRO OLÍMPICO A CREBA 2016

Moitas grazas por esta gran iniciativa, por darnos a oportunidade de participar, por ofrecernos unha xornada na que todos puidemos participar e pasalo en grande. 

GRAZAS A CREBA!!! 







luns, 10 de outubro de 2016

VIAXANDO "Ó MUNDO MÁXICO DE ANTÓN"


Este pasado luns acudimos a ver a maravillosa exposición de Antón, encantáronnos os seus debuxos porque ve animais, personaxes, persoas, etc.. dunha maneira diferente, dunha maneira moito máis divertida que a nosa, enséñanos un mundo máxico, convirte un cabalo que soe ser de cores apagadas nun animal de diversos cores, cores vivas e cheas de enerxía.
A sala estaba chea de forza, alegría, cores vivas e  ilusión, gracias Antón por enseñarnos este mundo tan máxico.




¡FIXEMOS UNHA TORTILLA!


O pasado xoves 29 de setembro fixemos unha tortilla no taller de cociña. Primeiro pelamos e cortamos as patacas e despois batimolos ovos. Logo, puxemos unha sartén ao lume e cando o aceite estivo ben quente botámolas patacas con moito coidado de non salpicar o aceite.
Cando as patacas estiveron ben feitas quitámolas da sartén e botámoslle os ovos. Remexemos todo e botámolo de novo a sartén. Pasados uns minutos démoslle a volta. Cando estivo feita polos dous lados quitámola.
Cada un de nós levou un cacho para a casa. ¡Estaba boísima!