venres, 30 de setembro de 2016

FESTA DE SAN ROQUIÑO

Fomos a sesión vermú das festas de San Roquiño. Tomamos algo e xogamos ao futbolin. No bar vimos ao cantante da orquestra " Los Españoles", e prometeunos unha canción. Escoitamos a misa e vimos a procesión. Cando empezou a orquestra bailamos moito.



               



               



                                   



     


                                   

                                       




venres, 23 de setembro de 2016

PASEO AO TAMBRE.


Fomos  de paseo ao Tambre. Pasámolo moi ben e fixemos moitas actividades.

Primero cruzamos pola ponte colgante. QUE NERVIOS!!!!!!





    


Despois demos un longo paseo e vimos a casa da rás.

   


Cando rematamos o paseo tocou descansar e repoñer forzas.Para rematar o día xogamos: ao domino, ao parchís,ao escondite, brilé... 



PASÁMOLO XENIAL!!!!

martes, 13 de setembro de 2016

E alá fomos no Joaquin Vieta!



Onte  invitáronos  a ir a unha  xornada de Pesca ò balandro Joaquin Vieta e dende o grupo de autoxestores de ocio organizamos todo para ir.

Pasámolo moi  ben saímos do Freixo as 11:00 no balandro . Navegamos pola Ría e pescamos fanecas, un pulpo, lorchos, unha xarda.. Comemos todos xuntos e seguimos navegando.

Unha xornada moi divertida!






martes, 6 de setembro de 2016

@S DE MISELA ESTAMOS DE VOLTA!!!!


Despois da volta de vacacións volvemos con moita enerxía, o primeiro que fixemos foi traballar no noso pequeno horto e aquí mostrámosvos como vai de ben. Esperemos que vos gusten !