luns, 30 de maio de 2016

SAIDA DA MISELA  AO LICEO.

Fomos a visitar a exposición de fotos, gustounos moito porque vimos os militares,  a bases,  
avións,  como traballan, etc..
Esta foi a primeira saída que nos organizamos, xa que fixemos  un grupo para xestionar o noso propio tempo ocio. 
PASAMOLO MOI BEN E SEGUIREMOLO PASANDO!!!!!

VIVA A NATUREZA CA CRUZ VERMELLA E MISELA!

Hoxe día 27 de Maio fomos ca Cruz Vermella a plantar árbores ao campo de fútbol. Plantamos sobre 30 árbores, había maceiras, pereiras, castiñeiros e carballos . 

Grazas CRUZ VERMELLA  por coidar da natureza e de NOIA.E  grazas por invitarnos!!!





mércores, 25 de maio de 2016

CEA SOLIDARIA DE MISELA.

O pasado Venres, día 20 de Maio celebrouse a cea solidaria a favor da nosa asociación no restaurante Trapeiro, acudiu moita xente. Comezou ás 21:30 e proxectouse un vídeo sobre a asociación e os usuarios, a xente gustoulle moito. Despois trouxéronnos a cea: luras, gambas, peixe con patacas, carne con pementos, patacas e champiñóns, torta de nata e chocolate e café.
O rematar de cear houbo un sorteo de agasallos de empresas que colaboraron connosco. E despois houbo un gran baile. PASÁMOLO MOI, MOI, BEN!

Moitas grazas a todos, un saúdo de Misela.