martes, 27 de decembro de 2016

Celebramos a comida do Nadal no Restaurante Chicolino.

Primero leváronnos a ver todas as instalacións do Chicolino que ben bonitas que son, ademáis invitáronnos a realizar  un taller de cociña onde preparamos as patacas para as carrilleras e  fixemos unha tarta de mazan e palmeritas.
 


 





A comida estaba deliciosa e comezamos a festa co baile no que nos divertimos moito!




mércores, 14 de decembro de 2016

¡VEN A POÑER O TEU DESEXO!

Hoxe estivemos poñendo a decoración de nadal. Este ano a nosa árbore é un pouco máis especial que de costume xa que nela están os nosos desexos para o 2017. Por iso, invitámosvos a  todos e todas a que vos acheguedes a Misela a poñer os vosos de desexos para o vindeiro ano.








venres, 9 de decembro de 2016


O VENRES DIXEMOS: ¡¡¡PONTE NO MEU LUGAR!!!


O pasado venres día 2 de decembro estivemos na alameda celebrando o día a da discapacidade.


.

As persoas que se achegaban ao posto tiveron que poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade e servirse o almorzo sen ver ou con unha man soa.

Tamén puxemos un circuito con sillas de rodas nas que as persoas que pasaban polo lugar puideron acercarse a probalas. 



Cada un de nos foi monitor de unha actividade. Algúns encargamonos de quitar fotos, outros de vender os productos que facemos en Misela,e outros foron monitores de limitacións ou monitores de almorzo. 






A cada unha das persoas que se achegaron as actividades douselles unha pegatina co lema deste día "Ponte no meu lugar". ¡O debuxo foi feito por un dos nosos compañeiros!










ALÁ FOMOS A ANIMAR Ó DEPOR! 




O pasado luns 5 de Decembro fomos pasar un día pola Coruña, comemos no Monte de Sampedro e fómonos de compras á Calle Real e  a visitar o poblado Navideño de María Pita.





E despois chegou o mellor!!!! Marchamos para o Estadio de Riazor!! A ver ó noso Deportivo contra a Real Sociedade! Celebramos eses 5 golazos por todo o alto!



Grazas ó Centro Comercial Marineda pola invitación! Esperamos volver máis veces que fomos un gran amuleto para o Deportivo ( e polo ben que nolo pasamos).









xoves, 1 de decembro de 2016

VEN A ALMORZAR CONNOSCO!!!



Para conmemorar o 3 de Decembro "Día internacional das persoas con discapacidade" o venres 2 de decembro levaremos a cabo unha actividade na Alameda de Noia ( diante do Concello), estaremos de 11:00 a 13:00.
Nesta actividade convidámosvos a almorzar connosco un rico chocolate e pasteliños elaborados por nos no obradoiro de cociña. Pero para tomar este  almorzo tendes que superar unha serie de barreiras e dificultades para poñervos no lugar das persoas con discapacidade, pero non vos preocupedes todo é posible!
 Nos estaremos alí para axudarvos!!

Non faltedes esperámosvos!


venres, 11 de novembro de 2016

PIRÁMIDE DE ALIMENTACIÓN

O xoves pola tarde fixemos un taller de alimentación. Primeiro clasificamos os produtos en diferentes categorías: froitas, grasas, doce, verduras, pescado, carne... Logo puxemos os productos nunha pirámide. Os alimentos máis importantes son os que están abaixo de todo da pirámide e os menos necesarios están máis arriba. Os cereais, a froita e a auga debemos tomalos en todas as comidas. Polo contrario, as grasas e os doces so se poden comer moi ocasionalmente, por exemplo os fins de semana. ¡Aquí tendes a nosa pirámide!


luns, 7 de novembro de 2016

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Hoxe fomos celebrar o magosto A Toxeira, unha casa que está no medio dunha fraga. Pola mañá, dividímonos en tres grupos: O primeiro grupo encargouse de picar as castañas, o segundo fixo o lume para asalas e o terceiro grupo cociñou un postre de castañas. Cando todos terminamos de traballar comemos as castañas. ¡Estaban boísimas!
Pola tarde, despois de comer xogamos coa wii a bailar, aos bolos e ao boxeo. ¡Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!





venres, 4 de novembro de 2016

RECOLLIDA DE CASTAÑAS

O xoves fomos a recoller castañas a unha horta. Había   moitísimas e eran moi  grandes.  Apañámolas e botámolas en caldeiros e en bolsas.   
No medio das castañas atopamos setas pero non as puidemos tocar porque eran moi velenosas. 
¡O luns celebraremos o magosto e cociñaremos as castañas!






venres, 28 de outubro de 2016


A PROBA DO BISCOITO

Hoxe no descanso  probamos o biscoito que fixemos onte no taller de cociña.  Estaba riquísimo e  gustounos moito  a todos os compañeiros.  Estaba moi ben feito e esponxoso. ¡Aquí tendes unha foto!




"UN MONSTRUO VIENE A VERME"

O  luns  collemos o autobús e fomos a Santiago, ao centro comercial As Cancelas. Pasamos alí todo o día. Pola mañá fomos de tendas.
e ao mediodía comemos uns bocatas nas escaleiras das Cancelas.  Por la tarde fomos ao cine a ver "Un monstruo viene a verme". A película contaba a historia dun neno que recibía a visita dun monstro ás 12:07 da noite. A nós gustounos moito, aínda que algúns nos quedamos un pouco durmidos.
Ao terminar a película fomos camiñando para a estación de autobús para volver de volta.


xoves, 27 de outubro de 2016

BISCOITO DE CABAZA

Hoxe fixemos un biscoito de cabaza  no taller de cociña.
Primeiro  limpamos a  cabaza e relámola.  Logo collemos 5 ovos, batímolos e botámoslle azucre, unha migalla de sal, fariña, aceite, un chisco de canela e a cabaza relada. Por último metémolo ao forno nun molde da forma dunha cabaza. ¡Agora a esperar unha hora! Mañá contarémosvos o resultado. 




martes, 18 de outubro de 2016

I ENCONTRO OLÍMPICO A CREBA 2016

Moitas grazas por esta gran iniciativa, por darnos a oportunidade de participar, por ofrecernos unha xornada na que todos puidemos participar e pasalo en grande. 

GRAZAS A CREBA!!! 







luns, 10 de outubro de 2016

VIAXANDO "Ó MUNDO MÁXICO DE ANTÓN"


Este pasado luns acudimos a ver a maravillosa exposición de Antón, encantáronnos os seus debuxos porque ve animais, personaxes, persoas, etc.. dunha maneira diferente, dunha maneira moito máis divertida que a nosa, enséñanos un mundo máxico, convirte un cabalo que soe ser de cores apagadas nun animal de diversos cores, cores vivas e cheas de enerxía.
A sala estaba chea de forza, alegría, cores vivas e  ilusión, gracias Antón por enseñarnos este mundo tan máxico.